Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 38029

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle para a definición das aliñacións da parcela do Baño de Arriba, 43.

Aprobación inicial do estudo de detalle para a definición das aliñacións da parcela do Baño de Arriba, 43, promovido por Dolores Casal Grela.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de setembro de 2012, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a definición das aliñacións da parcela do Baño de Arriba, 43, promovido por Dolores Casal Grela, redactado por Entasis Arquitectos, S.L.P., con data do 30 de novembro de 2011.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de vinte (20) días, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licenzas:

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de setembro de 2012, acordou a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas determinadas no devandito estudo de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Mugardos, 10 de setembro de 2012

Xosé Fernández Barcia
Alcalde