Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 38028

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro Caldelas

ANUNCIO de información pública relativo ao Plan especial de protección e ordenación do conxunto histórico artístico de Castro Caldelas.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 31 de agosto de 2012, o Plan especial de protección e ordenación do conxunto histórico artístico de Castro Caldelas, de conformidade co disposto no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, sométese a información pública o expediente polo prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo os interesados poderán examinar o expediente nas dependencias municipais, en horario de oficina, e formular as alegacións que coiden convenientes.

Queda suspendido o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do Plan especial cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación vixente. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, extinguíndose, en todo caso, coa aprobación definitiva do Plan especial.

Castro Caldelas, 4 de setembro de 2012

Eladio Osorio Castro
Alcalde