Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38339

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 7 de agosto de 2012 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 159, do mércores 22 de agosto de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 33622 do artigo 5, punto 6, onde di: «... A ausencia, xustificada ou non, de cada un/unha dos/as asistentes non poderá ser superior ao 10 % da duración total do curso», debe dicir: «... A ausencia, xustificada ou non, de cada un/unha dos/as asistentes non poderá ser superior ao 10 % das horas lectivas do curso».