Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (452/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 452/2010, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 3 de setembro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo nº 452/2010, seguidos por instancia de José Andrés Quintela Rodríguez, representado polo letrado Sr. Vázquez Rodríguez, contra a empresa Diego Montero Barallobre, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que comparece representado polo Sr. Morado, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando parcialmente a demanda formulada por José Andrés Quintela Rodríguez, representado polo letrado Sr. Vázquez Rodríguez, contra a empresa Diego Montero Barallobre, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Morado, debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar a José Andrés Quintela Rodríguez a suma de 3.354,54 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Diego Montero Barallobre, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

A secretaria xudicial