Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38561

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (301/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 301/2010, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 25 de xuño de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo nº 301/2010, seguidos por instancia de Marta Barus Amado, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Teresa Martínez Blanco, que comparece representada polo Sr. Bao Rodríguez, versando a litis sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que estimando a demanda formulada por Marta Barus Amado, que comparece representada polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Teresa Martínez Blanco, que comparece representada polo letrado Sr. Bao Rodríguez, debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar á Sra. Barús Amado a suma de 1.981,95 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe interpor recurso, en atención á súa contía, en virtude do artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, polo que, unha vez notificada, quedará firme en dereito».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Teresa Martínez Blanco, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

A secretaria xudicial