Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38560

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (8/2012).

Eu, María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 8/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 31 de maio de 2012

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 8/2012, seguidos por instancia de María Miras Avalos, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Xainoe Casavaz, Centro de Belleza, S.L., que non comparece, e contra a Mutua Fremap, que comparece representada pola letrada Sra. Ojea Castro. A litis versa sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que, estimando a demanda formulada por María Miras Avalos, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Xainoe Casavaz, Centro de Belleza, S.L., que non comparece, e contra a Mutua Fremap, que comparece representada pola letrada Sra. Ojea Castro, debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.979,98 euros, no sentido exposto no fundamento único, incrementada cos xuros moratorios pertinentes, e absolvo a Mutua Fremap das pretensións dirixidas contra ela. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. O recorrente que non teña a condición de traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar como depósito, na conta de depósitos e consignacións correspondente ao órgano que ditase a resolución impugnada, a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Xainoe Casavaz Centro de Belleza, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

A secretaria xudicial