Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (295/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 295/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, 30 de agosto de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 295/2012 seguidos por instancia de Humberto Mendes de Oliveira, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde contra a empresa Rosetta la Piedra Natural, S.L., que comparece asistida do letrado Sr. Comendador Rey, contra a empresa Promociones Pascua y Nieto, S.L., que non comparece malia a estar citada en legal forma, contra a empresa Francisco Fernández Pazos, que non comparece pese a estar citado en legal forma e contra o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre prestación.

Ditamino que estimando parcialmente a demanda formulada por Humberto Mendes de Oliveira, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Rosetta la Piedra Natural, S.L., que comparece asistida do letrado Sr. Comendador Rey, contra a empresa Promociones Pascua y Nieto, S.L., que non comparece pese a estar citada en legal forma, contra a empresa Francisco Fernández Pazos, que non comparece pese a estar citado en legal forma, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno solidariamente as empresas codemandadas a aboar ao demandante a cantidade de 4.682,95 euros, no sentido exposto no fundamento xurídico terceiro, cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo a Fogasa de todos os pedimentos da demanda dirixidos contra a dita entidade. Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Promociones Pascua y Nieto, S.L. e Francisco Fernández Pazos, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

A secretaria xudicial