Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (795/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe

Certifica:

Que neste xulgado se seguen autos número 795/2010 por instancia de Mónica Vázquez Morlán contra a empresa Knowledge Gestión Integral de Proyectos, S.L. sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 13.9.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímase a demanda interposta por Mónica Vázquez Morlán fronte a Knowledge Gestión Integral de Proyectos, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Knowledge Gestión Integral de Proyectos, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de mil cincocentos noventa e oito euros con oitenta e dous céntimos de euro (1.598,82 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Knowledge Gestion Integral de Proyectos, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

O secretario xudicial