Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 609/2012 por instancia de Alan Caamaño Figueiras contra a empresa Barral Iglesias Silleda sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 12.9.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:
«Decido que se estima a demanda formulada por Alan Caamaño Figueiras fronte a Barral Iglesias Silleda, S.L. e en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Barral Iglesias Silleda, S.L., ao demandante, Alan Caamaño Figueiras.
– Condénase a Barral Iglesias Silleda, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.051,76 euros, determinado o aboamento da dita indemnización á extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 3.545,25 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 47,27 euros diarios.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o numero de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Barral Iglesias Silleda expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 18 de setembro de 2012
O secretario xudicial

