María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Jesús García Castro contra Progametal, S.L. e Tecnolica y Diseño de Interiores, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 258/2010, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:
«Asunto 258/2010.
Na Coruña, 12 de setembro de 2012.
Lara María Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidades, por instancia de Jesús García Castro, que comparece representado polo letrado Sr. Méndez Sanjurjo, contra as empresas Tecnolica y Diseño de Interiores, S.L., Progametal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza.
Decido que estimando a demanda interposta por Jesús García Castro contra as empresas Tecnolica y Diseño de Interiores, S.L. e Progametal, S.L., condénoas a que lle aboen a cantidade de once mil catrocentos cincuenta e seis euros e trinta e catro céntimos (11.456,34 euros).
Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.
Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
E para que lle sirva de notificación a Progametal, S.L. e Tecnolica y Diseño de Interiores, S.L., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A Coruña, 17 de setembro de 2012
A secretaria xudicial

