Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38550

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3560/2008-CRS).

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3560/2008-CRS.

Materia: accidente.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Notif. Eva Monteoliva.

Recorridos:

– Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, letrado Seguridade Social.

– Mutua Fremap, letrada Araceli Martínez Araújo, Vigo.

– Lemos Romero, S.L., letrado Manuel Meréns Ribao, procurador Ramón de Uña.

– Canteras Vilafría, S.L., letrado Emilio de la Cuesta Mediero.

– Manuel Vaqueiro, S.L., letrado Fco. J. Cabo Cibeira, procurador José M. Lado Fernández.

– Granitos Mimosa, S.L., r/ José Antonio, 25, Salceda de Caselas (Pontevedra).

– Mutual Midat Cyclops.

– Ibermutuamur.

– Mutua La Fraternidad-Muprespa.

– José Estévez Estévez, A Revolta, Parderrubias, Salceda de Caselas.

– Gumersindo Pérez Fernández, Parderrubias, 27, Salceda de Caselas.

– Arturo López Romero, A Carballiza, Baldráns, Tui (Pontevedra).

– Mutua Asepeyo.

– Promociones, Construcciones y Viviendas Galicia Sur, S.A., Callao Salvaje, 24, 38670 Adeje.

– Construcciones Tensur, S.L., r/ Miraverde, Edificio Las Estrellas, Playa de las Américas, 8, Las Palmas de Gran Canaria.

– Sucesores de Severino Gómez, S.A., A Gándara, Guillarei, 36720 Tui.

– Granitos de Salceda, S.L., San Brais, Entenza, Salceda de Caselas.

– Manuel Vaqueiro Pérez, letrado Francisco J. Cabo Cibeira, procurador José M. Lado Fernández.

– María Susana Hernández Pérez, r/ Petunia, El Tablero, 36108 Sta. Cruz de Tenerife.

– Guillermo Afonso Abreu, r/ Los Cercados, 62, 38380 La Victoria de Acentejo.

– Julio Aguado Gelado, r/ Antonio González, 9, 2º dta., 38202 La Laguna.

– Manuel Fernández Domínguez, r/ La Cabrera, Lozoyuela, 28729 Navalafuente.

– María del Carmen Domínguez Iglesias, r/ Serra do Faro, 32411 Melón (Ourense).

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Vigo, demanda 781/2007.

Nas actuacións número 3560/08-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 781/2007 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos pola Mutua de Accidentes de Trabajo Fremap, contra o INSS e outros, sobre accidente, con data do 4 de maio de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, nos presentes autos sobre invalidez tramitados por instancia da recorrente fronte aos demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o traballador Gumersindo Pérez Fernández, así como fronte aos tamén demandados Canteras Vilafría, S.L., Lemos Romero, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Granitos Mimosa, S.L., Promociones Construcciones y Viviendas Galicia Sur, S.A., Construcciones Tensur, S.L., Sucesores de Severino Gómez, S.A., Granitos Salceda, S.L., Arturo López Romero, José Estévez Estévez, Manuel Vaqueiro Pérez, María Susana Hernández Pérez, Guillermo Afonso Abreu, Julio Aguado Gelado, Manuel Fernández Domínguez, María del Carmen Iglesias Domínguez, Fremap, La Fraternidad, Ibermutuamur, Midat Cyclops e Asepeyo, debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza, con imposición á Mutua recorrente das custas causadas no recurso, que incluirán a cantidade de 300 euros en concepto de honorarios dos letrados de cada parte impugnante.

E déase aos depósitos constituídos o destino legal.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para impugnar, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte Granitos Mimosa, S.L. que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Granitos Mimosa, S.L., con último domicilio coñecido na rúa José Antonio, nº 25, Salceda de Caselas, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de setembro de 2012

A secretaria xudicial