Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38548

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2627/2007- RCUD 150/2011-S).

Casación en unificación 150/2011.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación nº 2627/2007-S a que se refire o encabezamento, seguidas na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 623/2006 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por Isolino Torres Fernández contra Sial, S.A. e outros, sobre outros dereitos seguridade social, con data do 26 de xuño de 2012 o Tribunal Supremo ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para unificación de doutrina interposto polo letrado Ricardo Otero Ventín, en nome e representación de Sial, S.A., contra a sentenza do 13 de maio de 2011, ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación 2627/2007, interposto por Isolino Torres Fernández fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo con data do 23 de marzo de 2011, rectificada polo auto do 30 de marzo de 2007, no procedemento número 623/2006, seguido por instancia de Isolino Torres Fernández contra Sial, S.A, Granitos Poniente, S.L., Granipais, S.L., Litomega, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Granitos Mondariz, S.L., J.J. Gradín, S.L. e Mapfre Industrial, sobre reclamación de cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza contra a cal se recorreu, sen imposición de custas á parte recorrente e perda de depósito constituído, dándose á consignación efectuada o destino legal.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

Advírtese as partes en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Litomega, S.L., Granipais, S.L. e Granitos Mondariz, S.L., con último domicilio coñecido na provincia de Pontevedra, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de setembro de 2012

A secretaria xudicial