Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada de execución das obras que se citan (expediente PO-13-04-12-01 e outro máis).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa os expedientes: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita os expedientes: División de Contratación.

2. Obxecto dos contratos:

A/ Descrición do obxecto: dique flotante para o abrigo do porto do Xufre (A Illa de Arousa-Pontevedra).

– Clave do expediente: PO-13-04-12-01.

– Lugar de execución: A Illa de Arousa (Pontevedra).

– Valor estimado do contrato: 1.384.186,25 euros, IVE excluído.

– Orzamento base de licitación: un millón cento cincuenta e tres mil catrocentos oitenta e oito euros con cincuenta e catro céntimos (1.153.488,54 €), IVE excluído.

– Importe do IVE (21 %): 242.232,59 euros.

– Prazo de execución: seis (6) meses.

– Clasificación: F-7-f).

– Solvencia económica e técnica: non se exixe a súa acreditación.

– División por lotes: non hai.

B/ Descrición do obxecto: acondicionamento de peirao no porto de Tragove (Cambados-Pontevedra).

– Clave do expediente: PO-13-07-12-01.

– Lugar de execución: Cambados (Pontevedra).

– Valor estimado do contrato: 325.342,67 euros, IVE excluído.

– Orzamento base de licitación: douscentos setenta e un mil cento dezaoito euros con oitenta e nove céntimos (271.118,89 €), IVE excluído.

– Importe do IVE (21 %): 56.934,97 euros.

– Prazo de execución: cinco (5) meses.

– Clasificación: non se exixe.

– Solvencia económica e técnica: acreditaranse ambas as dúas conforme o exixido na cláusula 3.3.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

– División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Garantías:

a) Provisionais: non se exixen.

b) Definitivas: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

– Domicilio: praza de Europa, nº 5-A, 6º.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

– Teléfono: 881 88 16 45.

b) Perfil do contratante na web: os pregos e os cadros de características de cada contrato (CCC) poderanse obter no perfil de contratante, nos seguintes enderezos da internet:

– http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18050

– http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18051

c) A documentación técnica (proxectos), os PCAP e os CCC tamén se poderán obter en:

– Copy Nino; Rúa dos Feáns, 19, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

– Copy Estudio; Rúa Nova de Abaixo, 19-20 (galerías), Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.

– http://www.portosdegalicia.es (epígrafe pregos e documentos).

A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no punto 7.a) do presente anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

b) Solvencia económica e técnica, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

c) Outros requisitos: ademais da clasificación, e de acordo co exixido na cláusula 3.3.1 do PCAP, os licitadores, dentro do sobre A, deben comprometer na súa proposta un equipo mínimo de traballo coas características especificadas no punto 7 da cláusula 3.5.1-I.A) do PCAP.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 3.5 do PCAP.

c) Lugar da presentación: as proposicións presentaranse, en tres (3) sobres pechados, no Rexistro Xeral de Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, 15707 (teléfono: 902 40 08 70; fax: 981 54 53 24), segundo se especifica no punto 3.4 do PCAP, ou enviaranse por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos puntos 2 e 4 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos na cláusula 3.6.2 do PCAP.

f) Admisión de variantes: observarase o disposto no PCAP e no punto 7 dos correspondentes CCC, para cada un dos procedementos descritos no punto 2 anterior.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º (Área Central).

c) Localidade: 15707 Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a mesa fixará e dará publicidade á data, o lugar e a hora en que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: ás 12.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de celebración do acto público de apertura das proposicións reflectirase a nova data no perfil do contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 3.6.1.b).1 do PCAP, comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia