Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (Hospital Universitario Lucus Augusti), pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento integral de elevadores, escaleiras mecánicas e portas automáticas do Hospital Universitario Lucus Augusti e centros dependentes (AB-HLA1-12-010).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). Rúa Dr. Ulises Romero, nº 1 (27003) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: rúa Dr. Ulises Romero, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

4º. Teléfono: 982 29 60 57.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-HLA1-12-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento completo (preventivo, correctivo e técnico-legal) dos elevadores, escaleiras mecánicas e portas automáticas situadas no Hospital Universitario Lucus Augusti e centros dependentes. Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: rúa Dr. Ulises Romero, nº 1.

2º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50750000-7; 50800000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.097.229,15 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 731.486,10 euros.

Importe total: 885.098,18 euros.

6. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): P-7-B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 12 de novembro de 2012.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a citada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: rúa Dr. Ulises Romero, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) Número previsto de empresas as que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección Xerencia do Hospital Universitario Lucus Augusti. Rúa Dr. Ulises Romero, nº 1.

c) Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) A data e a hora: publicarase no «Perfil do contratante».

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de setembro de 2012.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 10 de setembro de 2012

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo