Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, o estudo de impacto ambiental, o proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Ampliación Deva II, nos concellos da Cañiza e Covelo (Pontevedra) e Melón (Ourense), promovido por Eurovento, S.L.U. (expediente IN661A 01/10-DXIEM).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e tendo en conta o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo) e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, así como na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a solicitude formulada por Eurovento, S.L.U. para as instalacións que a seguir se describen:

Características xerais do parque eólico ampliación Deva II

Peticionario: Eurovento, S.L.U.

Domicilio social: rúa Varsovia, 4 C, 5ª planta (Área Central), 15707 Santiago de Compostela.

Situación: concellos da Cañiza, Covelo (Pontevedra) e Melón (Ourense).

Poligonal de delimitación do parque eólico

Vértice

UTM X

UTM Y

1

560.001

4.682.500

2

559.424

4.682.500

3

560.007

4.679.000

4

560.925

4.679.000

5

560.925

4.680.000

6

561.850

4.680.000

7

561.850

4.681.075

8

560.000

4.682.000

Posicións dos aeroxeradores

Aero

UTM X

UTM Y

Concello

1

559.693,37

4.682.202,48

Covelo

2

561.451,75

4.680.602,10

Melón

3

561.632,29

4.680.385,15

Melón

Potencia instalada: 6 MW.

Produción neta: 16.600 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 2.769.

Orzamento total: 8.693.630,78 euros.

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

– 3 aeroxeradores de 2.000 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxa de 80 metros e cun diámetro de rotor de 90 metros.

– 3 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 2.100 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede subterránea de media tensión (30 kV), con condutor tipo RHZ1-2OL 18/30 kV, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV.

De acordo co disposto polo artigo 37.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

– Proxecto de execución, para os efectos da súa aprobación e autorización administrativa das instalacións descritas.

– Estudo de impacto ambiental, para os efectos da formulación da declaración de impacto ambiental.

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos da súa aprobación.

– Relación de bens e dereitos afectados para os efectos da declaración de utilidade pública, que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Estes documentos permanecerán expostos ao público e poderán examinarse, durante o prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución ou da súa notificación individual, nesta dirección xeral (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela), e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra) e de Ourense (rúa Curros Enríquez, 1, 4º; 32003 Ourense).

Para idénticos efectos, e durante o mesmo prazo, o proxecto sectorial poderá examinarse nos concellos da Cañiza (rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza), Covelo (praza do Mestre Cerviño, 2, 36872 Covelo) e Melón (rúa Calvo Sotelo, 1, 32411 Melón) e o estudo de impacto ambiental neses mesmos concellos, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra (avda Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra) e de Ourense (rúa Paseo, 18, 32003 Ourense).

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que, no prazo e ante os órganos sinalados nos dous parágrafos anteriores, poidan presentar as alegacións que coiden oportunas.

Esta publicación efectúase, así mesmo, en cumprimento do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os efectos da notificación aos interesados cando estes sexan descoñecidos, cando se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados do parque eólico ampliación Deva II

Propietario

Parcela

Superficie afeccións (m2)

Nome e apelidos

Enderezo

Datos catastrais

Paraxe

Cultivo

Pleno dominio

Servidume

Proteción eólica

Ocupación temporal

Pol.

Parc.

Paso

Voo

1

CMVMC de Melón Quins
Rpte.: Sonia Rosendo

Covelo, nº 4,

CP 32412,

Melón-Ourense

40

4383

Monte Serra do Faro

Matogueira

4.230

16.063

6.456

59.868

76.198

2

40

4386

Monte Serra do Faro

Matogueira

289

16.678

479

15.750

56.063

3

40

4381

Monte Serra do Faro

Matogueira

3.231

5.493

4

40

4380

Monte Serra do Faro

Matogueira

1.668

1.767

5

CMVMC de Godóns
Rpte.: Darío Carballo

Godóns, s/n,

CP 3687,

Covelo-Pontevedra

99

1042

Mialle

Matogueira

11.504

27.879

6

100

1813

Río Tea

Matogueira

109

7

99

1041

Mialle

Matogueira

1

2.100

4.459

6.868

8

CMVMC de Prado
Rpte.: José Fenández Muradás

Praza de Cende, 15,

CP 36872,

Covelo-Pontevedra

99

1041

Mialle

Matogueira

2.707

343

4.035

19.409

19.409

9

CMVMC de Petán
Rpte.: J. Antonio Castiñeira Paz

Petán-A Aldeíña, s/n,

CP 36884,

A Cañiza-Pontevedra

1

614

Monte de Petán

Matogueira

15.757

10.494

Dereitos mineiros

Dereito

Titular

Enderezo

Superficie afeccións (m2)

Pleno dominio

Servidume

Protección eólica

Ocupación temporal

Paso

Voo

1

Permiso de investigación
Serra de Pites, n º 2579

Ingemarga, S.A.

Estra. Campamento Militar de Parga, s/n, Guitiriz (Lugo)

2.708

42.806

4.035

23.868

93.050