Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38857

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (254/2008).

Secretaria: Asunción Barrio Calle.

Cédula de notificación:

Nas actuacións de recurso de suplicación 254/08-RCUD 252/11 a que se refire o encabezamento, seguidas na Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 389/2007 do Xulgado do Social número 1 de Lugo, promovidos por André Demetrio da Silva contra Real Club Celta de Vigo, Escuela Deportiva Láncara-Barcel Euro Puebla F.S., Club Fútbol Sala Cartagena 93, sobre reclamación de cantidade, con data do 14 de xuño de 2012, o Tribunal Supremo ditou a resolución co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«En Madrid, 14 de xuño de 2012.

É relatora Rosa María Viroles Piñol.

Feitos.

Primeiro. O Xulgado do Social número 1 dos de Lugo ditou sentenza, con data do 8 de outubro de 2007, no procedemento nº 389/2007, seguido por instancia de André Demetrio da Silva contra Club Fútbol Sala Cartagena 93, Real Club Celta de Vigo, F.S. e Club Escuela Deportiva Láncara-Barcel Euro Puebla F.S., sobre reclamación de cantidade, que estimaba en parte a pretensión formulada.

Segundo. A parte demandante recorreu en suplicación contra esa resolución, e a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza, con data do 25 de outubro de 2011, que desestimaba o recurso interposto e, en consecuencia, confirmaba a sentenza impugnada.

Terceiro. Mediante escrito do 16 de decembro de 2011 o letrado Eduardo Meléndez Alvargonzález, en nome e representación de André Demetrio da Silva, formalizou recurso de casación para a unificación de doutrina contra a sentenza da Sala do Social antes citada.

Cuarto. Esta sala, por providencia do 18 de abril de 2012, acordou abrir o trámite de inadmisión por falta de idoneidade da sentenza de contraste. Para tal fin, requiriuse a parte recorrente para que no prazo de tres días fixese alegacións, o que efectuou. O Ministerio Fiscal emitiu o preceptivo informe no sentido de considerar procedente a inadmisión do recurso.

A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para unificación de doutrina interposto polo letrado Eduardo Meléndez Alvargonzález, en nome e representación de André Demetrio da Silva, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 25 de outubro de 2011, no recurso de suplicación número 254/2008, interposto por André Demetrio da Silva fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Lugo, con data do 8 de outubro de 2007, no procedemento nº 389/2007, seguido por instancia de André Demetrio da Silva contra Club Fútbol Sala Cartagena 93, Real Club Celta de Vigo, F.S. e Club Escuela Deportiva Láncara-Barcel Euro Puebla F.S., sobre reclamación de cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza contra a cal se recorreu, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido na Lei reguladora da xurisdición social.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Real Club Celta de Vigo, F.S. e Club Escuela Deportiva Láncara-Barcel Euro Puebla F.S., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de setembro de 2012

A secretaria xudicial