Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39341

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de outubro de 2012 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 4 de outubro de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de outubro de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, coa finalidade cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file