Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39360

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a concesión dos premios do certame Cooperativismo no ensino 2012, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia.

Por Orde do 4 de abril de 2012, da Consellería de Traballo e Benestar establecéronse as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2012 (DOG nº 72, do 16 de abril).

Nas bases reguladoras establécese que os traballos participantes neste concurso serán avaliados por un tribunal e o/a titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no DOG.

Unha vez aprobadas as propostas de concesión dos premios polos tribunais encargados de avaliar os traballos presentados, na súa reunión do 8 de xuño de 2012, e sen que fosen formuladas reclamacións,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios do certame Cooperativismo no ensino 2012 dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia, e que se relacionan no anexo que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO
Certame Cooperativismo no ensino 2012

Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria, por categorías:

Categoría A: alumnos/as de 2º ciclo de educación infantil.

Premio ao mellor traballo: «Creamos un conto» do CPR plurilingüe Andaina.

Accésit: «Nós temos valores, e ti?» do CPR plurilingüe Manuela Rial Mouzo.

Categoría B: alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria.

Premio ao mellor traballo: «O camiño entre todos é máis sinxelo» do CPI Virxe da Cela.

Accésit: «Dominó cooperativo» do CEIP San Miguel de Reinante.

Categoría C: alumnos/as de 3º e 4º de educación primaria.

Premio ao mellor traballo: «A maxia dunha cooperativa» do CEIP San Miguel de Reinante.

Accésit: «A cociña dos nosos avós e avoas» do CEIP Domaio.

Categoría D: alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria.

Premio ao mellor traballo: «San Xoán pola paz» do CEIP San Xoán de Filgueira.

Accésit: «Unha granxa para todos .... un compromiso para todos» do CEIP Domaio.

Modalidade de actividades cooperativizadas dirixido ao alumnado de 1º e 2º ciclo de educación secundaria obrigatoria, por categorías:

Categoría E: alumnos/as do 1º ciclo da ESO.

Premio ao mellor traballo: «Obradoiro de Luthería: construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria» do Colexio Manuel Peleteiro.

Categoría F: alumnos/as do 2º ciclo da ESO.

Premio ao mellor traballo: «Tempo vivo: centro de estimulación psicomotriz e desenvolvemento intelectual» do IES Pedra da Auga.

Modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros de formación profesional:

Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo: «Ludoteca Luscofusco, Aloir, S. Coop. Galega» presentado por alumnos e profesores do CIFP Compostela.

Accésit compartido a proxectos empresariais finalistas: «Pikareduca, Cavare Rural S., Coop. Galega» presentado por alumnos e profesores do CIFP Politécnico de Lugo, e «Vodas Nac’s, S. Coop. Galega» presentado por alumnos e profesores do IES As Mariñas.