Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39703

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de setembro de 2012 pola que se modifica a Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2012.

Advertidos erros na orde que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 195, do 11 de outubro de 2012, cómpre realizar a seguinte corrección:

– Na páxina 39090, na exposición da orde, onde di: «No artigo 5 inclúese unha pequena modificación para aclarar o seu contido. Ademais, no seu artigo 11 precísanse os prazos para a xustificación da subvención que requiren ser modificados por mor do elevado número de solicitudes presentadas», debe dicir: «Na letra g) do número 6 do artigo 11 inclúese unha pequena modificación para aclarar o seu contido. Ademais, no número 1 do seu artigo 11 precísanse os prazos para a xustificación da subvención que requiren ser modificados por mor do elevado número de solicitudes presentadas».

– Na páxina 39090, no título do punto primeiro, onde di: «Primeiro. Modificar a letra g) do artigo 6», debe dicir: «Primeiro. Modificar a letra g) do número 6 do artigo 11».

– Na páxina 39090, no título do punto segundo, onde di: «Segundo. Modificar o número 1 do artigo 11.1», debe dicir: «Modificar o número 1 do artigo 11».