Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39701

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de outubro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Nuestra Señora de Lourdes, do concello da Estrada.

O titular do centro privado Nuestra Señora de Lourdes, do concello da Estrada (Pontevedra), solicita o cambio da titularidade do centro educativo.

Mediante escritura pública notarial, outorgada ante o notario Héctor Ramiro Pardo García, José Enrique Otero Fernández cede a titularidade do centro educativo a favor de María Dolores Neira Abeledo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra remite o expediente co correspondente informe de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Nuestra Señora de Lourdes, código 36002323, a favor de María Dolores Neira Abeledo.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria