Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39699

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de setembro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Daniel Castelao de Vigo, efectuada pola Orde do 10 de febreiro de 2012.

Por Orde do 10 de febreiro de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de marzo, modifícase a autorización do centro privado Daniel Castelao, para incluír entre outras ensinanzas as relativas á educación secundaria para persoas adultas.

O representante da titularidade do dito centro privado solicita autorización para poder impartir o segundo curso do Programa de cualificación profesional inicial (PCPI) en quenda de tarde-noite.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificar a autorización do centro privado Daniel Castelao, do concello de Vigo, efectuada pola Orde do 10 de febreiro de 2012, no relativo ás ensinanzas da educación secundaria para persoas adultas (quenda de tarde-noite), conforme a seguir se detalla:

Educación secundaria para persoas adultas/2º PCPI (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Segundo. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria