Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40592

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012 pola que se nomean funcionarios/as de carreira da escala de xestión, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na escala de xestión da Universidade da Coruña, convocadas por Resolución do 23 de marzo de 2011 (DOG do 15 de abril).

Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril; nos estatutos da Universidade da Coruña, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira da escala de xestión da Universidade da Coruña os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo, ordenados/as consonte a puntuación final acadada.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de outubro de 2012

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

33284886

Cartamil Obelleiro, Carmen

2

32816991

Arévalo Pías, José Alejandro

3

32446431

García Filgueira, Ana María

4

32811043

Caínzos López, María Jesús

5

33835932

López Arias, María Dolores

6

32788418

Montero Santos, Francisco Javier

7

36086468

Figueiras Casariego, María Elena

8

32796452

Mahía Porto, María Pilar