Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS e CT Cameleiro.
Situación: concello de Valdoviño.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,275 km, coa orixe na LMTA. Loira (CDR-804), en apoio existente nº D249-B2, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, (1×150 mm² Al), e final en entrada en CT. Cameleiro proxectado.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 2 de outubro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña