Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 156/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación LMTS avda. Jesús Fernández Pita, nº 53, polígono Río do Pozo.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,127 km, coa orixe en paso aéreo-subterráneo que se realizará no apoio nº 38-37 existente da LMT CRN-718, apoio onde se realiza o paso aéreo-subterráneo da LMTS que se vai retirar, que actualmente alimenta o CT Río do Pozo, 5 (expediente: 29/1994), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 mm² Al), e final no mesmo apoio nº 38-37 existente da LMT. CRN-718, despois de realizar entrada e saída no CT Río do Pozo, nº 5 (expediente: 29/1994) e no CS avda. Jesús Fernández Pita, nº 53 que instalará o cliente.

– Cela de liña en CT Río do Pozo, nº 5 (expte.: 29/1994), con illamento en SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña