Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012071AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 14 de setembro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador nº 2012071AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Fernando Saavedra Portela, titular do establecemento Café Bar Brétema.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Fernando Saavedra Portela, titular do establecemento Café Bar Brétema, o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, núm. 9, Lugo e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fora hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fora hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 8 de outubro de 2012

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2012071AL-LU.

Denunciado: Fernando Saavedra Portela, titular do establecemento Café Bar Brétema.

DNI/NIF/CIF: 33339065-J.

Último enderezo coñecido: rúa Doutor Cabaneiro, núm. 33, 27287 A Pastoriza (Lugo).

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Artigo 2.1.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigo 3, punto 4 do capítulo I; punto 1.a) do capítulo V; e puntos 2, 3 e 4 do capítulo IX do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigos 3.4 e 6.2 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

– Artigo 41.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: cincocentos euros (500,00 €).