Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41606

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1332/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Manuel Pérez Medín contra Conszoa, S.L., en reclamación de cantidade, rexistrado co número 1332/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1332/2009, en que foi demandante Manuel Pérez Medín, representado polo letrado Sr. Campos Seijo, e demandada a empresa Conszoa, S.L. Da mesma maneira citouse, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Manuel Pérez Medín contra a empresa Conszoa, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Manuel Pérez Medín a cantidade de 2.693,92 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Conszoa, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de outubro de 2012.

A secretaria xudicial