Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41667

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Tribunal de Contas (Sección de Axuizamento - Departamento Terceiro)

EDICTO (C-166/12-0).

O director técnico do Departamento 3º e secretario no procedemento de reintegro por alcance número C-166/12-0, en méritos ao acordado en providencia do conselleiro de contas, de data 10 de outubro de 2012, e para dar cumprimento ao previsto no artigo 68.1, en relación co 73.1, ambos os dous da Lei 7/1988, do 5 de abril, reguladora do funcionamento do Tribunal de Contas.

Fai saber: que neste tribunal, se segue procedemento de reintegro por alcance número C-166/12-0, do ramo CC.AA. (inf. fisc. selectiva Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia 061, exercicio 2006), Galicia, como consecuencia de presuntas irregularidades no pagamento, no exercicio 2006, dun complemento asistencial a un coordinador docente que estaba en excedencia, o que produciu un menoscabo nos fondos públicos da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia 061, por importe de nove mil novecentos noventa e nove euros con noventa e seis céntimos (9.999,96 euros).

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, presentándose en forma dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid, 11 de outubro de dous mil doce. O director técnico, secretario do procedemento: F. da Cova Iranzo. Asinado e rubricado.