Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de información pública sobre a modificación das normas subsidiarias número 5.

Aprobado inicialmente polo Pleno desta corporación, en sesión extraordinaria realizada o 24 de outubro de 2012, a modificación puntual das normas subsidiarias nº 5 (U.A. 8), sométese a información pública por un período de dous meses mediante publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior difusión nesta provincia. Todo isto tal e como se recolle no artigo 85.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A Rúa, 29 de outubro de 2012

Avelino García Ferradal
Alcalde