Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41665

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da área de interveción AI 10 do Decreto 187/2011, do 29 de setembro (expediente planeamento urbanístico 2012009669).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria, do 3 de outubro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«15. Estudo de detalle da área de intervención AI 10 do Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento. Aprobación inicial (expediente 2012009669).

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudo de detalle da área de intervención AI 10 do Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

2. Sometelo á información pública polo prazo mínimo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e con notificación individualizada a todos os propietarios do ámbito».

Ourense, 11 de outubro de 2012

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente