Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41591

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (56/2012).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 56/2012, seguido por instancia de Fernando Castro Fernández fronte a Clara Queipo, S.L., Joao Mario Lima Gomes de Pino, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza: 85/2012.

Procedemento: xuízo verbal 56/2012.

Pontevedra, 24 de maio de 2012.

Indalecio Conde González, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal 56/2012, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Fernando Castro Fernández, con procuradora María del Amor Angulo Gascón, e letrado Sr. Pazos Maceiras, e doutra como demandada Clara Queipo, S.L. e Joao Mario Lima Gomes de Pino, sen profesionais asignados, sobre reclamación de cantidade, e

Antecedentes de feito:

Único. Que admitida a demanda, foron convocadas as partes de comparecencia, e procedeuse á súa citación en legal forma. O día sinalado para o efecto tivo lugar a comparecencia co resultado que consta na acta levantada, e quedaron os autos pendentes de ditar sentenza, despois de se observaren todas as prescricións legais.

Decisión:

Que estimando totalmente a demanda formulada pola procuradora dos tribunais María del Amor Angulo Gascón, en nome e representación de Fernando Castro Fernández contra Clara Queipo, S.L. e Joao Mario Lima Gomes de Pino, debo condenar e condeno as demandadas para que aboen solidariamente a cantidade de 43.022,30 euros e o xuro legal desde a reclamación xudicial con imposición ao demandado das custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito ante este xulgado no termo de vinte días.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Clara Queipo, S.L. e Joao Mario Lima Gomes de Pino, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 24 de setembro de 2012

A secretaria xudicial