Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41593

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (125/2011).

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia de José Manuel Martínez Castro fronte a María Teresa Garzón Flórez, se ditou sentenza con data 15 de maio de 2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo ordinario tramitadas co número 125/2011, no que interviñeron como demandante José Manuel Martínez Castro, representado polo procurador dos tribunais Sr. Calviño Gómez e asistido pola letrada Sra. Arosa Barbeira, e como demandada María Teresa Garzón Flórez, en situación de rebeldía, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño:

Estimar a demanda interposta por José Manuel Martínez Castro e, en consecuencia, condénase a María Teresa Garzón Flórez a aboarlle á demandante a suma de 18.000 euros máis os xuros legais desde a interposición da demanda, todo iso con expresa imposición de custas á demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de apelación, que se deberá interpor no prazo de vinte días a partir da súa notificación, para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma á demandada, María Teresa Garzón Flórez, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino a presente.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2012

A secretaria xudicial