Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (899/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 899/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Albagar Coruña, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 775/2012.

Autos procedemento ordinario: 899/2010.

A Coruña, 5 de outubro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Fundación Laboral de la Construcción, en cuxo nome e representación comparece o letrado Anxo Quiroga Fernández, e doutra e como demandado, a empresa Albagar Coruña, S.L. non comparece malia estar citada.

Decido.

Que estimo a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Albagar Coruña, S.L., polo que condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 159,71 euros máis a recarga do 20 % por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Albagar Coruña, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

O secretario xudicial