Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41599

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (605/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 605/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Carro Regueiro contra a empresa Teplast Caamaño, S.A.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 770/12.

A Coruña, 5 de outubro de 2012.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 605/2010 seguidos por instancia de José Luis Carro Regueiro, asistido pola letrada Lidia Vázquez Méndez, contra a empresa Teplast Caamaño, S.A.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, admitindo a demanda interposta polo demandante José Luis Carro Regueiro contra a empresa Teplast Caamaño, S.A.L. debo condenar e condeno esta a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.375,88 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza que pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Teplast Caamaño, S.A.L., expídese este edicto para súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

O secretario xudicial