Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41600

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (693/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fai saber que no procedemento 693/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Pesquera Peñamea, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre reintegro de prestacións, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de reintegro de prestacións 693/2009, en que foi demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, coa representación da letrada Sra. Vidal Rodríguez, e demandados a empresa Pesquera Peñamea, S.L., así como o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Herva.

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Pesquera Peñamea, S.L, así como contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e, en consecuencia, declaro a responsabilidade directa e principal da empresa Pesquera Peñamea, S.L. no aboamento das prestacións de incapacidade temporal, dos gastos de asistencia sanitaria e de indemnización especial a tanto global (baremo) satisfeitos ao traballador Domingo Filgueiras Castro por accidente de traballo, así como a subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, como fondo de garantía de accidentes de traballo, no concreto suposto da insolvencia declarada da empresa, e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como fondo de reaseguro, e condeno a empresa Pesquera Peñamea, S.L. ao aboamento a favor da Mutua Gallega de Accidentes de Traballo da cantidade de 2.389,33 euros, con responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, así como da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Pesquera Peñamea, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial