Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41705

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 213/2012, do 30 de outubro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia, do 4 de outubro de 2012,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia a Ana García Caeiro, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de outubro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente