Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41706

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de xuño de 2012, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012 (DOG nº 123, do 28 de xuño).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 do anexo I das bases reguladoras da Resolución do 25 de xuño de 2012, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Norma reguladora: Resolución do 25 de xuño de 2012 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012 (DOG nº 123, do 28 de xuño).

Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, dentro do Programa operativo Galicia 2007-2013, e está encadrada no eixe 2, tema prioritario 70, cunha taxa de cofinanciamento do 80 %.

Aplicación orzamentaria: 04.50.312C.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2012.

Crédito orzamentario: 307.859,88 €.

Entidades beneficiarias da subvención concedida con contía igual ou superior a 3.000 € e importe da subvención concedida a cada unha delas en euros que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente

Entidade

Importe

P910A 2012/36

Aempe (Asociación Empresarios Pequena e Mediana Empresa)

5.580,00 €

P910A 2012/8

Apetamcor (Asociación Empresarios Transportes de Mercadorías por Estrada)

4.310,00 €

P910A 2012/37

Asociación Centros Homologados

101.250,00 €

P910A 2012/28

Asociación Comerciantes, Empresarios Centro Comercial Aberto Ourense

6.850,00 €

P910A 2012/4

Asociación Mares Galicia

7.530,00 €

P910A 2012/24

Azo (Asociación Galega Apoio ao Desenvolvemento do Inmigrante e Emigrante Retornado)

5.948,70 €

P910A 2012/9

Confederación Empresarial de Ourense

7.530,00 €

P910A 2012/31

Federación Inprogress

59.274,05 €

P910A 2012/2

Fesan (Fundación de Estudios e Análises)

5.580,00 €