Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 10 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva da solicitude do permiso de investigación Vilar número 7132.

Advertidos erros no anuncio anteriormente citado, publicado no Diario Oficial de Galicia número 202, do martes, 23 de outubro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 40049, onde di: «...admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Minas del Atlántico, S.L. do permiso de investigación Vilar...», debe dicir: «...admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Mineira de Corcoesto, S.L. do permiso de investigación Vilar...».