Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41735

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, en execución da convocatoria para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado pola Resolución do 10 de maio de 2012 deste centro directivo.

De conformidade co previsto na base 11.3 da Resolución do 10 de maio de 2012, da Dirección de Recursos Humanos (DOG nº 96, do 22 de maio), pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo, valoradas as reclamacións presentadas fronte a Resolución do 12 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia, nº 138, do 19 de xullo) pola que se aprobou a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados, finalizada pola comisión de baremación a tarefa de valoración dos méritos achegados e acreditados polos concursantes, procede aprobar a resolución definitiva parcial dos/as admitidos/as e excluídos/as para participar neste concurso, así como facer públicas, as puntuacións e destinos provisionais do concurso de traslados, excepto na categoría de facultativo/a especialista da área de Uroloxía.

O 23 de agosto publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 9 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se dispón a execución da sentenza ditada o 15 de xuño de 2010 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña no procedemento abreviado 88/2010, en relación coa Resolución do 21 de xaneiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde. Dado que este concurso se resolverá con carácter previo ao convocado mediante a Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 10 de maio de 2012, non procede realizar neste momento a publicación da relación definitiva de admitidos, nin a baremación provisional dos concursantes da categoría de facultativo/a especialista da área de Uroloxía,

En consecuencia, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola Resolución do 10 de maio de 2012, excepto na categoría de facultativo/a especialista da área de Uroloxía.

Segundo. Declarar resolto provisionalmente o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo convocado pola Resolución do 10 de maio de 2012 (DOG nº 96, do 22 de maio), excepto na categoría de facultativo/a especialista da área de Uroloxía, adxudicando a puntuación provisional acadada en cada unha das catro epígrafes do baremo e, de ser o caso, o destino tamén dunha forma provisional, sen que isto supoña ningún dereito ou expectativa ata que sexa publicada posteriormente a resolución definitiva.

Terceiro. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e, excluídos/as e, de ser o caso, as puntuacións e destinos provisionais asignados en cada unha das categorías/especialidades convocadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, os/as concursantes poderán consultar no seu expediente electrónico persoal, en Fides/expedient-e/sección de procesos/concurso de traslados, a súa situación de admitido/excluído definitivo no concurso e as causas de exclusión, así como o detalle da baremación provisional realizada en cada un dos puntos do baremo.

Cuarto. Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación destas listas definitivas.

De conformidade coa base 11.4 da convocatoria os/as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para formular reclamacións contra esta resolución. As citadas reclamacións serán rexeitadas ou admitidas na resolución de adxudicación definitiva que aprobará a autoridade convocante.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde