Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41733

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 30 de outubro de 2012 pola que se adxudican postos con carácter definitivo aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección de consumo, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 19 de outubro de 2012 (DOG nº 205, do 26 de outubro) ao cal foron convocados/as os/as funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección de consumo, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008 (DOG nº 236, do 4 de decembro), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección de consumo, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008, de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o 30 de outubro de 2012.

Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, a toma de posesión do novo destino efectuarase no prazo de tres (3) días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

47360436D

Bregua Cousillas, Alejandro

1

INO191000015001008

IN

Inspector/a consumo

A2

20

Xefatura Territorial A Coruña

Instituto Galego de Consumo (servizos periféricos)

A Coruña

2

44085952N

López Brites, Patricia

4

INO191000036001004

IN

Inspector/a consumo

A2

20

Xefatura Territorial Pontevedra

Instituto Galego de Consumo (servizos periféricos)

Pontevedra

3

X04447515M

Huides, Elena Liliana

2

INO110000015770055

IN

Inspector/a consumo

A2

20

Xerencia

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

Santiago de Compostela

4

44830169H

Rodríguez Varela, María Montserrat

7

INO110000015770056

IN

Inspector/a consumo

A2

20

Xerencia

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

Santiago de Compostela

5

32677195Z

Barron Ferro, Alma Beatriz

8

INO192000015350008

IN

Inspector/a consumo

A2

20

Unidade de Consumo (Ferrol)

Instituto Galego de Consumo (servizos periféricos)

Ferrol