Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41757

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (569/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 569/2012, deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Patricia Álvarez Fernández, Silvia María San José Freire, Sabrina Arceo Arantón e María Salomé Abellón Souto contra a empresa Tiendas Punto Baby, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 569/2012, en que foron demandantes Patricia Álvarez Fernández, Silvia María San José Freire, Sabrina Arceo Arantón e María Salomé Abellón Souto, representadas pola letrada Sra. Gil Sánchez, e demandadas a empresa Tiendas Punto Baby, S.A., así como a administración concursal da empresa Tiendas Punto Baby, S.A., representada polo administrador concursal Carlos Rodríguez Alba. Foi citado da mesma maneira o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Patricia Álvarez Fernández, Silvia María San José Freire, Sabrina Arceo Arantón e María Salomé Abellón Souto contra a empresa Tiendas Punto Baby, S.A., así como contra a administración concursal da empresa Tiendas Punto Baby, S.A e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato das demandantes e condeno a empresa demandada a que, no prazo de 5 días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión de Patricia Álvarez Fernández, Silvia María San José Freire, Sabrina Arceo Arantón e María Salomé Abellón Souto nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, e isto co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 7.031,70 euros para Patricia Álvarez Fernández e Sabrina Arceo Arantón, á suma de 7.151,54 euros para Silvia María San José Freire e ao montante de euros para María Salomé Abellón Souto, aos cales se deberán engadir os que se produzan ata a súa notificación, a razón de 42,10, de 42,82 e de 41,38 euros diarios, respectivamente, e a extinción da relación laboral con aboamento a Patricia Álvarez Fernández da cantidade de 7.999 euros, a Silvia María San José Freire da suma de 20.339,50 euros, a Sabrina Arceo Arantón da suma de 11.324,90 euros e a María Salomé Abellón Souto da cifra de 7.241,50 euros en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Tiendas Punto Baby, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial