Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (642/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 642/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Antelo Couto contra a empresa Construcciones Busto Cotelo, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Mutua Gallega, sobre incapacidade permanente, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 1 de outubro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de incapacidade permanente 642/2010, en que foi demandante Manuel Antelo Couto, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Berea, a Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Mutua Gallega, coa representación da letrada Sra. Llan Llodos, e a empresa Construcciones Busto Cotelo, S.L.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Manuel Antelo Couto contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, así como contra a Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Mutua Gallega e contra a empresa Construcciones Busto Cotelo, S.L. e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceron na súa contra relativas a este procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Construcciones Busto Cotelo, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial