Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41748

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (678/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 678/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Pablo Martínez contra a empresa Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, dez de outubro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Manuel Pablo Martínez, que comparece asistido polo letrado José Páramo Sureda, e doutra como demandado Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Decisión.

1º Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Pablo Martínez fronte á empresa Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, e acordo a extinción da relación laboral con data de efectos da presente resolución e coa obriga da empresa de aboarlle ao demandante unha indemnización de 35.272,80 euros.

2º A parte demandada deberá aboar, así mesmo, á demandante a cantidade de 7.009,79 euros por salarios debidos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0678 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0678 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de outubro de 2012

O secretario xudicial