Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (965/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 965/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Carolina García Vicente contra a empresa José Antonio Climet Lorente, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, 10 de outubro de 2012

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Carolina García Vicente, que comparece o letrado José Páramo Sureda, e doutra como demandada a empresa José Antonio Climet Lorente, que non comparece malia estar citada en legal forma.

Decisión:

1º Desestimo as demandas formulada por Carolina García Vicente fronte á empresa José Antonio Climet Lorente, e absolvo a demandada en relación ás pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa José Antonio Climet Lorente, expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de outubro de 2012

O secretario xudicial