Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42944

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, que modifica a Resolución do 8 de outubro de 2012 pola que se publican as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número e orde de puntuación, con respecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas diversas categorías estatutarias de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

En aplicación do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que permite ás administracións públicas rectificar en calquera momento os erros materiais, aritméticos ou de feito existentes nos seus actos, advertido erro nos resultados das listas publicadas pola Resolución do 8 de outubro de 2012 (DOG número 213, do 8 de novembro), en canto que se detectou un erro na aplicación dos méritos dos solicitantes, sendo este un erro material ou de cómputo aritmético, acórdase proceder a incorporar a citada información e rectificar a puntuación, publicando de novo os resultados e as listas anunciadas pola citada Resolución do 8 de outubro de 2012.

Tendo en conta o anterior, ábrese novo prazo de recurso, contado desde o día seguinte á data de publicación desta corrección no DOG.

Contra as listas definitivas co número e orde de puntuación, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación da presente resolución, ante o xulgado contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte á data da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde