O 21 de setembro de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador nº 2012132TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Ana Isabel Piñeiro Sánchez, titular do establecemento Café Bar A Fiestra.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Ana Isabel Piñeiro Sánchez, titular do establecemento Café Bar A Fiestra, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia conta contable 840, código 001 ou en Caixanova recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2012
Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2012132TA-CO.
Denunciada: Ana Isabel Piñeiro Sánchez, titular do establecemento Café Bar A Fiestra.
DNI/CIF: 33282462J.
Último enderezo coñecido: rúa Concepción Arenal, 2-3º A, Ribeira.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 4.c), 4.d), 19.2.c), 19.3.n) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 650 euros.