Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A 2012/125-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Severiano Servicio Móvil, S.A.

Domicilio social: polígono Os Airios, fase 2-parcela 4, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Denominación: CS e CT de 400 kVA en caseta exterior.

Situación: parcela 1B, 2A e 2B do polígono industrial de Negreira, Negreira.

Características técnicas: liña subterránea a novo CS de 2 m de lonxitude RHZ 1-3 (1*240 mm2 Al), CS prefabricado con entrada e saída, celas 24 kV, 400 A CT, cela de liña, de protección e de medida 400 A, 24 kV, transformador 20/0,42 kV, aceite, 400 kVA, a situar en bucle en liña do polígono industrial de Negreira, parcelas 1ª, 2ª e 2B.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Vicente Ferrer, 2, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 13 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña