Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de novembro de 2012, da Xefatura da Área da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes de requirimento de pagamento que se relacionan (expediente C-82/010, conta 207 e 1 máis).

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcurrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-82/010, conta 207 (requirimento pagamento F.P. 92/12).

Interesada: Mª del Mar Fernández Ares e outros (DNI: 32643962-Q).

Expediente: C-82/010, conta 86 (requirimento pagamento F.P. 94/12).

Interesados: Francisco Pérez Pereiro, Mª Josefa Díaz Díaz e herdeiros (DNI: 32617354-L e 32625061-K).