Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de novembro de 2012, da Xefatura de Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia sobre a proposta de resolución do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-136-CD/63, conta 1385).

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcurrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-136-CD/63, conta 1385 (desafiuzamento 8/12).

Interesados: Luis A. Sabio Ceballos e Rafael, Adrián e Alex Sabio Barrientos.

(DNI 32419706-X).