Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación da notificación do expediente de sanción por infraccións na orde social (42/12).

Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, a quen non puido facerse por correo certificado, o trámite de audiencia no expediente de sanción por infraccións na orde social (materia seguridade e saúde), o seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse seguidamente:

Empresa: Vilaboa Hispania, S.L.

Domicilio: C.C. As Termas (Lugo).

NIF: B83089615.

Nº de expediente: 42/12.

Contía: 8.000 euros.

Disp. infrinxida: artigo 51 do ET.

A documentación que consta no expediente é a seguinte:

– Acta de infracción nº I2720120000020393.

– Publicación no BOP da acta de infracción.

– Trámite de audiencia.

Lugo, 25 de outubro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo