Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44283

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aceptación da delegación de competencias en materia de sancións por infracción das normas de tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria do Concello de Miño.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 27 de xullo de 2012 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«36. Aceptar a delegación de competencias en materia de instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo Concello de Miño por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

Aceptar a delegación de competencias en materia de instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo Concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria acordada polo Concello de Miño.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases e terá efectos desde o momento en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 27 de agosto de 2012

Antonio Cañás Varela Luis Jaime Rodríguez Fernández

PDFR (10.8.2012) Secretario accidental da Deputación

Presidente da Deputación Provincial Provincial da Coruña

da Coruña